Lamento moitísimo que ultimamente a páxina do Lab·Ou non teña moita vidilla, pero entre que os labouristas non mandades novas historias ou exercicios, e que eu estou nunha etapa persoal bastante mala e non teño tempo para buscar cousiñas que postear, isto está de capa caída.Afortunadamente para nós, veu o irmán Magog a sacarnos do apuro presentándonos a súa proposta do último exercicio encomendado, a iteración (neste caso, versión total). É unha BD ben chula que funciona á perfeción, especialmente o gag das dúas últimas viñetas. Noraboa, Hugo.
Espero nos vindeiros días volver postear cunha mínima frecuencia, e cun pouco de sorte nunhas semanas retomar o ritmo frenético dos bos tempos. Pero lembrade que nós deberiamos ser meros intermediarios e vós os protagonistas destas páxinas.





