Lendo o outro día unha entrevista a este autor traducida polos traballadores rapaces de Entrecomics, vin que incluían a modo de ilustración a súa famosa BD experimental A brief history of America, sen personaxes, en plan fixo e baseando o seu aquel nunhas brutais elipses de varias décadas entre viñetas, e non puiden evitar facer un recorta e pega. Unha historia supersinxela e eficaz, que a día de hoxe segue a influenciar a numerosos debuxantes. Sen ir máis lonxe, lendo o recente Curses de Kevin Huizenga, vin nunha páxina unha homenaxe á narrativa desta pequena obra mestra da novena arte. A ver se me lembro de posteala algún outro día.30/01/07
A Brief History of America de Robert Crumb
Lendo o outro día unha entrevista a este autor traducida polos traballadores rapaces de Entrecomics, vin que incluían a modo de ilustración a súa famosa BD experimental A brief history of America, sen personaxes, en plan fixo e baseando o seu aquel nunhas brutais elipses de varias décadas entre viñetas, e non puiden evitar facer un recorta e pega. Unha historia supersinxela e eficaz, que a día de hoxe segue a influenciar a numerosos debuxantes. Sen ir máis lonxe, lendo o recente Curses de Kevin Huizenga, vin nunha páxina unha homenaxe á narrativa desta pequena obra mestra da novena arte. A ver se me lembro de posteala algún outro día.26/01/07
Punto ecuménico do morlaque
Como puidestes ver (pois desta vez a votación foi espontaneamente pública na nosa lista de correo), os seguidores dos morlaques de Magog (que se decantaron en masa pola peceira) e de Cosme ían moi igualados, pero contando os votos privados, o amigo Cosme gáñalle a Hugo por un voto. Así que o exercicio De paseo por el parque será o agraciado cun punto extra ecuménico. Noraboa a Cosme polo recoñecemento, e tamén a Magog, que se currou unha participación doble.23/01/07
Iteracións: Lewis Trondheim
Pechamos o noso seguimento do OuPus 3, unha das obras máis axeitadas para introducirse na potencialidade bedeística, con esta iteración icónica total de Lewis Trondheim, efectiva pero cuestionable (realmente era necesario ese plano repetido do avión para contar esta historia?; funciona, pero...). Nos vindeiros días desde o nivel branco seguiremos propondo novos exercicios colectivos, pero desta vez sen cinguirnos tanto ao modelo do OuBaPo.19/01/07
Iteracións: Étienne Lécroart
17/01/07
Iteracións: Killoffer
15/01/07
Iteracións: François Ayroles
Unha variación posible no tema das iteracións: Ayroles aposta pola versión parcial do exercicio e repite un mesmo motivo central ao que lle varía o contexto en cada viñeta para mudar o seu significado pero manter esa sensación de déjà-vu ata o final. Curioso, aínda que non é un resultado tan redondo como xogar sempre coa mesma imaxe.12/01/07
10/01/07
Exercicios do Lab·Ou (8): Iteración icónica
Pois pouco a pouco, por fin rematamos de visitar o OuPus 3, esa obra colectiva do OuBaPo francés que na nosa loxa tomamos como guía de iniciación no mundo da BD potencial. Xa só queda un exercicio colectivo que propor para esgotar os modelos propostos neste mítico manual, e será sinxeliño en comparación cos retos aos que vos tendes enfrontado de momento (tiras cruzadas, palíndromos, morlaques e demais fauna): unha iteración icónica.Dentro das iteracións, podedes escoller o modelo total (citando do Grimorio [2.1.], "BD dunha ou varias páxinas na cal se repite a parte icónica en todas as viñetas; a mesma imaxe cambiando só os textos, ou ben un número limitado de imaxes recorrentes") ou o parcial (citando do Grimorio [2.2], "BD dunha ou varias páxinas en que se repite case por completo a parte icónica nas viñetas; a mesma imaxe con lixeiras variacións, ou ben un elemento recorrente que se repite en todas as imaxes na mesma posición"); pois ambos son empregados polos membros de L'Association nos seus exercicios.
Requisito fundamental para a validez do exercicio: ten que haber unha excusa argumental que xustifique a iteración icónica. Non pode poñerse unha repetición gratutita, que non case coa historia e sexa forzada, nin unha solución ex machina metida con calzador. Debe haber unha perfecta simbiose entre a forma e o fondo. Como podedes ver no exemplo de Jean-Christophe Menu que ilustra este post, a BD está construída mesturando iteracións totais e parciais que casan perfectamente coa excusa argumental, e por riba é muda. Ao ser un desafío menos complicado que os anteriores, só está valorado con 2 puntiños; pero mirádeo polo lado bo, é máis sinxeliño de cometer, así que animádevos a participar.
E xa só resta recordar os detalles de sempre: tedes un trimestre de prazo para mandárnosla se queredes optar a un punto ecuménico outorgado por votación popular dos participantes; lembrade que podedes empregar a nosa lista de correo para todo tipo de preguntas ou discusións sobre este exercicio, e que os filoexperimentadores aínda non afiliados podedes empregalo coma exercicio de ingreso; e que podedes contribuir no labor de documentación envíandoos BDs que coñezades que cumpran con estas características.
Vita brevis, BD longa!
08/01/07
Continúa a xira de David Rubín
Por orde do irmán Diablito Beer, faise saber que continúa a xira de presentación da súa última obra, La tetería del oso malayo. A vindeira parada deste periplo será a fermosa e bedéfila cidade de Ourense, que recibirá a un dos seus fillos predilectos o día 13 no café Auriense. Máis información no blog de Monsieur Rubín, cuxo link teñen na barra da esquerda.
Subscrever:
Mensagens (Atom)



