07/09/06

Os consellos de Ivan Brunetti

Hai uns días podiamos ver en Con C de arte un documento no que Wally Wood ofrecía as para el 22 viñetas que sempre funcionan... unha declaración artística un chisco controvertida (ou alomenos descontextualizada co paso do tempo). Ivan Brunetti (roubado sen ningún tipo de remorso do blog de Drawn & Quarterly, que un é ladrón pero honesto) ofrece na imaxe adxacente os seus 22 cadriños que sempre funcionan... ás veces.
Moito máis interesante, onde vai parar. Todo labourista ou filoindie que se prece deberá seguir os sabios consellos de Brunetti para que as súas BDs sexan o máis cool de Estambul dentro do mundillo alternativo-underground. Ou... agarda... seica ían con retranca?
Se por algún estrano motivo aínda non coñecedes a Ivan Brunetti, descubrídeo a través da súa páxina web. Un autor tremendamente persoal, cun sentido do humor moi estremo, mais unha gozada cando se lle pilla o truco.

Sem comentários: