11/02/07

O blog de Steiner from Mars

Un membro do noso colectivo, a nosa querida Steiner from Mars (que é coma a auga do planeta vermello: non se deixa ver moi a miúdo, pero cando aparece énchenos de esperanza), acaba de inaugurar blog homónimo propio. Acabamos de engadir o link na columniña correspondente da esquerda. Ídelle facer unha visitiña a Emma; seguro que non quedades defraudados coa súa arte.

12 comentários:

covelow disse...

Proximamente, a miña nova contribución á causa....

P.Leirós disse...

esta mortiño de todo esto, hai que animalo, vou preparar tamén unha contribución. Por certo ¿que hai de aquel cadaver exquisito?

covelow disse...

Que abra fogo quen queira, eu voulle detrás ;-)

Anónimo disse...

Boas. Alguén sabe onde se poden atopar as bases do concurso de banda deseñada en Ourense deste ano?Graciñas

Lab·Ou disse...

Os regulamentos dos concursos «GZcrea» deste ano aínda non foron publicados. Dentro deles irá incluído o de BD, que soe ir ligado ás Xornadas de Ourense. Polo que se sabe, aínda están en trámites administrativos e non hai unha data concreta para a súa publicación. Desde este blog procuraremos dar noticia deles, mais supomos que tamén haberá información na web http://www.gzcrea.net
Vita brevis, BD longa!

Anónimo disse...

Ahm, e máis ou menos, qué bases son habitualmente? (número de páxinas, cor o branco e negro, tamaño, idioma) Cómo foron as do ano pasado?, así vou preparando algunha cousa. (Perdón polo meu galego, esque son catlà) Graciñas por todo

Lab·Ou disse...

Pídense normalmente traballos inéditos, de técnica e temática libres e cunha extensión mínima de dez páxinas, realizados nos formatos DIN A4 ou DIN A3. Os participantes teñen que ser mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, de entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano da edición.
PS. O teu galego é bo, non te preocupes! (graciñas polo detalle de escribires na nosa lingua)

Embaixada Prusiana disse...

estamos preparando un micro-encuentro sobre comics en Vilagarcía, pásate por
http://intro-comics.blogspot.com/

covelow disse...

Oscar...R U here????

david rubín disse...

¿sigue con vida el labOu??

pregunto...

d.

urbanoscar disse...

Si, amiguiños, segue con vida e pronto (xa mesmiño) rexurdirá das súas cinzas. Lamento a ausencia de dous meses, pero ás veces a vida privada impide adicar o tempo que un querería a estes pasatempos.

Voume tentar poñer ao día na próxima semana, e agardo que despois de Barcelona, as cousas volvan ao seu funcionamento habitual.

珊珊李 disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.