02/01/07

Ano novo, plantilla nova

Hai tempo que queriamos facerlle un lavado de cara ao blog do Lab·Ou, pero todo eran pretextos para pospoñelo e retrasar os axustes... Ademais, o único que sabía reconfigurar o http era o Mestre Cerralleiro, ausente moitas veces dos labores diarios deste laboratorio (outras tarefas o ocupan), polo que esta Ama de Chaves non se atrevía a tocar nada non fose que armase un cristo e chimpase a páxina.

Pero co cambio a Blogger Beta, que dá algún que outro problema pero en xeral é máis sinxelo de manexar, e fuchicando un pouquiño, nunha tarde puidemos por fin atrevernos a mudar a vella plantilla por outra un chisco máis acorde co leitmotiv desta loxa (polo menos, a min o rollo pergamino en tono papel escurecido paréceme moito máis místico-máxico, onde vai parar...).

Esta nova presentación pode que aínda sexa provisional; imos probala uns días a ver que tal campa. Aceptamos todo tipo de suxestións sobre cores, tamaños e tipografías, xa que do que se trata é que tamén vos guste aos lectores.

E isto pode ser tamén a punta do iceberg das ideas que traemos para o segundo cuatrimestre de existencia deste proxecto. Mentres vós sigades participando e facéndoo viable, non seguiremos procurando difundir a experimentación e investigación en banda deseñada.

Vita brevis, BD longa!

4 comentários:

Sanrei disse...

uff moito mais bunita, onde vai parar.O logo ca chave quedaba chulo, ainda que supoño que o ides volver a poñer ¿non si?

hugo disse...

Quedou chula, mais penso como Sanrei, haberá que recuperar o logo.
Vou tentar facer un morlac, agora que estou de feiras.Unha aperta!
Magog

urbanoscar disse...

Estaría ben recuperar o logo, si. O Mestre Cerralleiro porase a traballar niso cando teña un oquiño na súa apertada axenda (pode que ata o redeseñe e todo).

Ill´Rocco disse...

A servidor también le mola el cambio de imagen...Lo que no me cuadrá es la llave azul de la parte inferior...O en marrón, como el fondo, o no sein...Por lo demás, ferpecto...Congratuleisions por la iniciativa...