19/12/06

Exercicios do Lab·Ou (7): Prego



Co propósito de rematar de revisitar os exercicios propostos polo OuPus 3 (ese libro que consideramos un punto de partida ideal para adentrarse no mundo da potencialidade bedeística), imos saltar da multilectura e a reversivilidade ao eido das lecturas subliminares, própondovos que vos enfrontedes ao reto do prego en BD [5.1.].
Citando directamente do Grimorio en que consiste este tipo de exercicios: "BD dunha páxina que ao dobrarse amosa polo menos un ou máis discursos agochados, diferentes ou complementarios ao principal. Tras ler a historia principal, débese pregar a páxina seguindo as instrucións que veñen nela (cada debuxante escollerá as medidas dos pregos que máis lle conveñan) para atopar a historia escondida."
Coido que as dúas imaxes que acompañan este post (feitas por Étienne Lécroart) exemplifican bastante a mecánica do exercicio: unha BD inicial de 8 viñetas defendendo o multiculturalismo pregouse sobre si mesma polo medio, de xeito que se atopasen as metades das viñetas de cada estremo, formando unha nova BD de 2 viñetas que desvela un pensamento moito máis reaccionario e anti-inmigratorio. Os novos exemplos que subiremos nos vindeiros días amosaranvos outras posibilidades de prego.
Se participades deberedes enviarnos dúas imaxes da vosa BD: a de antes e a de despois do prego. O prego podedes facelo en horizontal ou vertical por onde prefirades, coa única condición de que sexa simétrico e regular. Se superades con éxito o desafío, 5 novos puntiños irán para os vosos marcadores.
E xa só resta recordar os detalles de sempre: tedes un trimestre de prazo para mandárnosla se queredes optar a un punto ecuménico outorgado por votación popular dos participantes; lembrade que podedes empregar a nosa lista de correo para todo tipo de preguntas ou discusións sobre este exercicio, e que os filoexperimentadores aínda non afiliados podedes empregalo coma exercicio de ingreso; e que podedes contribuir no labor de documentación envíandoos BDs que coñezades que cumpran con estas características.
Vita brevis, BD longa!

4 comentários:

covelow disse...

Joder Oscar....con perdón pero sodes uns cabróns XDXDXDXDXD
COMO SE VOS OCORRE PEDIR ISO ARGHHHHHHH!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ;-)

urbanoscar disse...

Vale, é chungo, Sergio, pero non máis que as tiras cruzadas, ou o morlaque, ou o palíndromo, e hai xente coma Roque ou Cosme que se atreveron e amosaron que eran quen de non superalos, senón tamén de deixar o listón ben alto.

O noso traballo será sempre levarvos ata os límites, proporvos retos imposibles para que desenvolvades o todo o voso potencial! Que sabemos que o tendes!

Anónimo disse...

Farei palíndromos, morlaques, o que faga falta...¿pero isto??? joer, que retorcido ;-)

Anónimo disse...

Hai que exprimir os miolos ¡!