Algo de visionario tiña Roberto Carlos cando cantaba aquilo de "Yo quiero tener un millón de amigos". Ao que desde Lab·Ou engadiriamos "E así máis forte experimentar". Porque a unión fai a forza. "Todos a una, como en Fuenteovejuna!" Por iso montamos estas celebracións para darlles a benvida aos recén chagados á loxia, porque énchenos de orgullo e satisfacción que todo tipo de persoas en principio en pleno uso das súas facultades mentais se apunten a isto de levar a BD "a onde ningún home endexamais tivo chegado". Especialmente se son completos descoñecidos para nós. Porque iso significa que non son colegas e/ou amigos obrigados polas leis do "quedar ben" ou influenciados polo salvaxe magnetismo e o carisma contaxioso dos coordinadores do invento. Non, se veñen aquí sen referencias e se aventuran a entrar polos seus propios medios é que verdadeiramente lles interesa a investigación gráfica, e non que non souberon resistirse ao charme engaiolante do Mestre Cerralleiro (eses seus olliños de año son irresistíbeis, ese seu sorriso fai devecer) ou que foron sometidos pola hipnotizante dialéctica de servidor (máis pesado ca unha vaca en brazos).31/10/06
Longa vida ao irmán Sanrei
Algo de visionario tiña Roberto Carlos cando cantaba aquilo de "Yo quiero tener un millón de amigos". Ao que desde Lab·Ou engadiriamos "E así máis forte experimentar". Porque a unión fai a forza. "Todos a una, como en Fuenteovejuna!" Por iso montamos estas celebracións para darlles a benvida aos recén chagados á loxia, porque énchenos de orgullo e satisfacción que todo tipo de persoas en principio en pleno uso das súas facultades mentais se apunten a isto de levar a BD "a onde ningún home endexamais tivo chegado". Especialmente se son completos descoñecidos para nós. Porque iso significa que non son colegas e/ou amigos obrigados polas leis do "quedar ben" ou influenciados polo salvaxe magnetismo e o carisma contaxioso dos coordinadores do invento. Non, se veñen aquí sen referencias e se aventuran a entrar polos seus propios medios é que verdadeiramente lles interesa a investigación gráfica, e non que non souberon resistirse ao charme engaiolante do Mestre Cerralleiro (eses seus olliños de año son irresistíbeis, ese seu sorriso fai devecer) ou que foron sometidos pola hipnotizante dialéctica de servidor (máis pesado ca unha vaca en brazos).Dobre Cego: Miguel Porto

30/10/06
Exercicios do Lab·Ou (5): Tiras cruzadas

Convalidacións de Ill'Rocco (8)

Xa quedan pouquiñas bandas deseñadas de Roque por convalidar (a menos que obriguemos ao autor a punta de pistola a seguir traballando para poder gozar da súa arte), así que saboreemos con calma as restantes. Esta títulase Lugares por ver e é un novo exercicio de estilo narrativo. Así, Ill'Rocco supera as restricións icónicas (non debuxa ningunha persoa na historia, só estampas espaciais baleiras) e secuenciais (soamente usa a transición aspecto-a-aspecto da tipoloxía McCloudiana para desenvolver o seu relato) que se autoimpón e cóntanos unha preciosa declaración de intencións. Sutil e seductor.
29/10/06
28/10/06
Convalidacións fanzinerosas: DiablitoBeer (4)










27/10/06
Convalidacións de Ill'Rocco (7)

Hoxe teriamos que ter seguido coas convalidacións fanzinerosas, pero o Mestre Cerralleiro non me pasou as páxinas do irmán Diablito que tocaban a tempo, así que cambio de plans de última hora. Menos mal que aínda quedan cousiñas convalidables do irmán Rocco. Neste caso, unha BD cunha restrición secuencial non sequitur. Para que non lembre as tipoloxías transicionais segundo McCloud, esta era a que "non ofrece ningunha relación lóxica entre viñetas". Vamos, un sins-entido...
26/10/06
Convalidacións fanzinerosas: Cosme (4)




Cando a experimentación gráfica é moi sutil, moi discreta, corre o risco de pasar desapercebida. E iso venlle pasando constantemente ao noso irmán Cosme, que como (con bo criterio) non lle gusta abusar dela, moitas veces non se lle nota o je-ne-sais-quoi particular que teñen as súas historias e son infravaloradas. Como esta, Que pasa con Max?, que nos fixo para o Fanzine das Xornadas n.º 13. Está feita cunha férrea estructura alterna de plano-contraplano e, da 2ª á 4ª páxina, empregando só planos detalle ou primeiros planos. Facer unha BD de bustos parlantes e saír ben parado é todo un desafío, e máis aínda se renuncias a unha composición de páxina espectacular. Porque entón debes ter un grande dominio da xestualidade, do diálogo e do ritmo para que a cousa teña interés; como é o caso de Cosme. Relédea con calma e sen prexuízos e veredes todo o que leva detrás e o ben que funciona.
25/10/06
Convalidacións fanzinerosas: Stereotopffer (9)

Comezando, por exemplo, polo irmán Stereotopffer. Chocounos que Porto nos pedise que lle reservasemos o prego central (?), mais unha vez vista a súa BD entendimos por que. Enmarcada dentro da súa recente temática de animais vingadores e cazadores cazados, volveu xogar cos exercicios de BD muda (1.3.3.) e secuencia simultánea (3.7.), tal como xa fixera en La misteriosa desaparición... Só que esta vez moitísimo mellor, moito máis complexo. A posta en páxina é unha marabilla, mesturando as elipses coa decoración, con ese movemento de lectura tan fluído dunha esquina á outra e esas transicións practicamente imperceptibles. O bitono e súper-acertado. Vamos, unha preciosidade, e un par de chanzos máis no cursus honorum de Miguel.
24/10/06
Corazón de tormentas, de David Rubín, nominada en Expocómic
Acabamos de enterarnos de que Corazón de tormentas, a banda deseñada do noso querido irmán Diablito debuxada durante o reto BD 24x24 e que pode considerarse a obra fundacional do Lab·Ou, acaba de ser nominada na categoría de mellor obra nacional dos premios de Expocómic, o salón de Madrid. Desde aquí cremos que é todo un triple mérito por ser: un cómic experimental, en galego, e por riba feito en menos de 24 horas. E tamén cremos que debería gañar, que caraina; o único contrincante á altura sería o Bardín de Max.Moitas felicidades a David Rubín, que tamén está nominado como mellor guionista nacional polas súas historias en Barsowia en llamas, sumando así con todo merecemento un novo par de chanzos na súa meteórica carreira. E parabéns tamén a Alberto Vázquez, nominado na categoría de autor revelación, que aínda que non é membro oficial do Laboratorio o é oficioso e tamén lle temos moito cariño. E por último, noraboa aos mozos de BD Banda e do Fanzine Enfermo, nominados como mellor fanzine... ogallá gañe algúns dos dous.
Máis información na Cárcel de papel, e non vos esquezades de votar online para que lle dean o(s) premio(s) a David, como debería ser. Bravo por Diablito!
Convalidacións de Ill'Rocco (6)

Morlaques: Jean-Christophe Menu

Cadea aleatoria (15)
23/10/06
Exercicios: Orgasmo de Covelow

22/10/06
Morlaques: Etienne Lecroart

21/10/06
Microrrelatos (2)

Cadea aleatoria (12)
20/10/06
Microrrelatos (1)
Hugo Covelo tamén se animou a facer este exercicio (el fixo texto e rematou relativamente cedo); mañá penduraremos o seu microrrelato. Pero hoxe, o prota é David. Por certo, se queredes participar deste reto aínda quedan 107 posibles historias que adaptar. Mandade un correo escollendo un número a sortes e nos dirémosvos que conto vos tocou. Outorgarase un punto por adaptación, e pódese participar nel un máximo de cinco veces. De momento non temos pensado que sexa un exercicio oficial, polo que non terá prazos de entrega nin terá dereito a un punto ecuménico (tan só é un pasatempo para masocas); pero se vemos que vos animades a facelo en masa e os resultados van quedando chulos, pode que cambiemos de idea.
Morlaques: François Ayroles

19/10/06
Convalidacións de Ill'Rocco (5)


Creo que nun fermoso exemplo de sinerxia labouriana (que bonita é a confraternización e a camaradaría entre colegas filoexperimentadores), a BD cega que fixo o irmán Cosme recentemente inspirou ao irmán Ill'Rocco e animouno a presentar a súa particular versión deste exercicio. A excusa argumental para a ausencia de imaxes paréceme lograda, e creo que podemos facernos unha idea aproximada do que está a pasar sen debuxos e sen precisar explicacións a maiores. Tamén querería destacar a interesante escolla cromática que fai Roque para engadir matices narrativos sinxelamente por medio de tres únicas tonalidades (blanco, negro e gris). Día si, día tamén, Romero non deixa de abraiarnos.
Morlaques: Lewis Trondheim

18/10/06
Convalidacións de Stereotopffer (8)

Morlaques: Killoffer

17/10/06
Exercicios: Palindromo de Ill'Rocco

Longa vida á irmá Steiner from Mars
Ciencias, vale? Se algo nos gustaria ser nesta arcana institución é un sistema complexo. Porque os sistemas complexos molan. Están compostos por varias partes interconectadas ou entrelazadas cuxos vencellos conteñen información adicional ou oculta ao observador. Como resultado das interacións entre os seus elementos, xurden propiedades novas que non poden explicarse a partir das propiedades dos elementos illados. Pero o mellor deste tipo de sistemas son as súas dúas propiedades principais: o todo é máis que a suma das partes sempre (concepción holística) e que debido á súa complexidade posúen un comportamento impredecible. Esperemos que o Lab·Ou sexa un pouco iso para todos vós: un sistema que mestura a autores de diversa procedencia cun afán investigador común, no que a experiencia colectiva total sexa máis importante do que sería a de cada artista por separado e no que xurdan achádegos e evolucións inesperadas que se cadra non terían aparecido sen este caldo de cultivo. Pero nada mellor que incluír un novo elemento neste sistema para que interactúe co resto do conxunto a través de ecuacións non lineais e dea como resultado un novo comportamento complexo, va que si?16/10/06
Exercicios do Lab·Ou (4): BD circular ou eterna (morlaque)

Lembrade que podedes empregar a nosa lista de correo para todo tipo de preguntas ou discusións sobre este exercicio, e que os filoexperimentadores aínda non afiliados podedes empregalo coma exercicio de ingreso. Nos vindeiros días penduraremos máis exemplos oubapianos de morlaques, pero calquera pode contribuir neste labor envíandoos BDs que coñeza que cumpran con estas características.
Vita brevis, BD longa!


















