
Para os que non poidades achegarvos (ooooooh, que mágoa), recoméndovos que visitedes a páxina web da Casa da Xuventude de Ourense, onde ademais do programa poderes descargar o cartel deste ano, obra de Alberto Vázquez (este que está á esquerda), e unha versión en pdf d’O Fanzine das Xornadas, con capas e unha historia de ¡10! páxinas de David Rubín, varios artigos, reportaxes e entrevistas superinteresantísimos, e BDs de autorazos galaicos como Miguel Porto, Cosme Fernández, Manel Cráneo, Sergio Covelo ou Antonio Seijas. Aínda que claro, o mellor sería que viñésedes en persoa para verdes as publicacións físicas e non en formato electrónico... A todos os labouristas e filoexperimentadores que vaiades asistir, vémonos en tres días en Ourense!
Sem comentários:
Enviar um comentário