De todos os mebros do OuBaPo francés, seica Étienne Lécroart é o máis interesado en cuestións de simetría. Constantemente traballa con exercicios de estilo relacionados con darlles varias voltas ás cousas: BDs con multilecturas, ambigramas, e tamén palíndromos, o caso que nos ocupa. Ademais do que vistes no artigo de presentación do exercicio, aquí tendes outro exemplo meritorio, unha discusión conxugal en nada menos que 30 viñetas. E plagadas de texto, para máis inri. E non será esta a última vez que falemos dos seus palíndromos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário