09/10/06

Resaca das Xornadas

Bos días, amigos labouristas... se é que a estas alturas sodes quen de estar espertos despois da peazo fin de semana que nos marcamos...
Para os que non puidestes vir, só dicirvos que (non é por darvos envexa, senón que así foi) os días de actividades desta edición das Xornadas foron especialmente divertidos e exitosos. Por primeira vez coincidiron no mesmo sitio todos os integrantes do Lab·Ou, e coa axuda doutros amigos e colaboradores que pasaban por Ourense (por citar algúns, Emma Ríos, Alberto Vázquez, Bernal Prieto, Brais Rodríguez, Manel Fontdevila e Albert Monteys) realizaron un par de interesantísimos exercicios de estilo colectivos que pouco a pouco iremos amosando por aquí (dadenos un par de días de marxe, aínda nos estamos recuperando...).
Ademais, xantamos e ceamos, botamos moitas risas, saímos ata as tantas, xogamos ao futbolín, e ata descubrimos algúns segredos dalgúns autores galegos (isto non é Salsa Rosa e non imos cotillear, poderiamos falar dos excesos nocturnos dalgún coruñés e da curiosa pulsión homoerótica nunca resolvida entre algúns camaradas debuxantes, pero non imos facelo... :-) ).
Se algún dos nosos colaboradores se anima a enviarnos fotos que ilustren a súa estancia nas Xornadas poderemos amosarvos como foi este invento e o ben que o pasamos. Moitas grazas a todo o mundo (David, Miguel, Cosme, os Covelos, Roque, Toni e aos xa mencionados) pola vosa colaboración e boa onda nesta edición. Esperemos que a do ano que vén sexa aínda mellor... e que nos volvamos xuntar moito antes para facer outro exercicio colectivo tolo destes en calquera momento e lugar... ¿Vigo, Santiago...? ¿Outono, inverno, primavera...? Xa o falaremos.
Vita brevis, BD longa!

3 comentários:

Anónimo disse...

En canto poda mándovos a dirección de flickr onde subiremos as fotos. Ou eu ou meu irmán.

Anónimo disse...

Estiveron ben os exercicios, déronlle vidiña ás Xornadas, e foron divertidos (sobre todo o primeiro. Hai que repetilo.
Magog

Anónimo disse...

Me se de uno que el domingo no era muy persona y sea ha traido de vuelta una gripecilla de ordago...pero HA VALIDO MUY MUCHO LA PENA...y ciertamenete el primer ejercicio fue divertidísimo...Hay tiras gloriosillas...jurjurjur, y un par de segundos que también valen su peso en lo que sea...Jarl...Gracias per tutto, malinelos...
pd1: lo que decía de los catálogos era coña, los estoy gozando, que no tenía ninguno...
pd2: pulsiones homoeróticas no resueltas? de quienes estais hablando? Mese de un par de voluntarios que podrían darles un par de consejos, desde el modus para las tijeras playeras hasta las mariposas contra fachadas de pub en hora punta...Aig...esta gente que se corta y no disfruta del vicio...