11/10/06

Convalidacións de Ill'Rocco (3)


Isto de mandar remesas inxentes de BDs de pasados remotos para convalidar estase poñendo de moda entre os labouristas. E nós, superado o atracón inicial, encantados. O irmán Ill'Rocco subiu recentemente ata o desván e estivo procurando no baúl dos recordos vellas historias que rescatar, así que nos vindeiros días teredes a sorte de deleitarvos con varias racións investigadoras do Roque.
Para comezar, por exemplo, este Edificio, que se podería englobar dentro do epígrafe de distribución decorativo-narrativa na categoría de deseño de páxina. Lembrando o que nos di o Grimorio, este exercicio consiste en facer unha "BD dunha ou varias páxinas na que as viñetas se dispoñen formando unha estructura decorativa que responde a un motivo tematicamente relacionado co contido da historia". Pois si, é o caso. Parabéns, Rocco. Proximamente máis.

2 comentários:

diablito disse...

roque es el puto amo, por ahora, el mayor y mejor experimentador de todos.

no se acoje al grimorio, el grimorio se acoje a él.

eso es lo que hay que hacer.

un ole para maese rocco!!!

d.

diablito disse...

y pienso que esta página de tebeo de roque tiene más puntos a evaluar y puntuar aparte de su composición.

d.