Unha nova BD palindrómica do libro OuPus 3, esta vez a cargo de François Ayrolles. O autor fai coma Moatthieu e tamén opta por partir un globo en dúas viñetas, pero no seu caso tan só é un mísero sufixo -ette que dá lugar a dúas novas palabras. O máis interesante quizais é a escolla dunha linguaxe moi connotativa que permite que as mesmas palabras (coma 'porcos') poidan empregarse en contextos completamente distintos (a típica discusión vacacional de 'imos ao campo ou á praia'?) con significados moi diferentes. E esa pregunta aberta na última viñeta dálle unha cómica estructura circular ao relato. Interesante.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário