04/10/06

Exercicios: Orgasmo de Ill'Rocco


É unha ledicia empezar a recibir colaboracións dos labouristas resolvendo os exercicios que desde a organización titoramos a un ritmo de entre semanal e quincenal. Xa sabemos que estes son totalmente voluntarios e opcionais, e que os membros do colectivo poden escoller facelos ou ir experimentando pola súa conta e ao seu ritmo elexindo os exercicios do Grimorio que prefiran, pero tentamos conseguir unha participación máis ou menos xeral para convertir esta experiencia nun vehículo o máis colectivo posible.
Pois iso, que nos animou recibir esta primeira solución do xovial irmán Ill'Rocco ao noso primeiro exercicio proposto. Aquí tendes un precioso ideograma orgásmico cunhas viñetas de preclímax de agasallo. Romero contextualízao explicando que non foi feito expresamente para o ocasión, senón que máis ben é unha convalidación dunha páxina de hai dous anos, pero oes, a nós non nos importa, ilusión fainos a mesma, e cumpre con todos os requisitos do exercicio.
Espero que a Roque non lle importe que anarrosee un anaco do seu correo no que segue a explicar a súa procedencia (logo vaime acusando por aí de abusar do cut and paste): "Apareció en un fanzine, FLORA INTESTINAL, de edición ultralimitada, ya que estaba hecho en serigrafía (de ahí que se pierdan algunas líneas, el orgasmo masculino era el pavo y el femenino, aunque no se vea bien, son unas manos haciendo la sombra de un perro... o puede que sea lo que flipa el tío en el momento máximo)... Debieron ponerse a la venta siete copias... El trasto lo perpetramos Brais, Jano y servidor...". Im-presionante.
Pois nada: parabéns, irmán Ill'Rocco, por inaugurares a resolución de exercicios titorados. Recibirás o punto prometido por este coito e lembra que optas a un punto ecuménico outorgado por votación popular de todos os participantes. E os labouristas e experimentadores que queirades seguir o seu exemplo, tendes aínda un par de meses para presentardes os vosos orgasmos (rematado este prazo poderiades seguir entregándoos, pero xa non poderiades participar do punto ecuménico).
Vita brevis, BD longa!

1 comentário:

Anónimo disse...

genial, por ahora el más "experimentador" de todos.

me quito el sombrero, señor roque.

d.