06/10/06

Exercicios: Orgasmo de Magog



Unha actualización de última hora: acabamos de recibir unha resolución de exercicio titorado e pensei que estaría ben deixarvos cun orgasmo nos beizos antes de despedirnos durante esta longa fin de semana (espero non gañarme fama de quentapollas despois).
Seguindo os pasos do noso Siffredi particular (o noso irmán Ill'Rocco sex machine), Magog animouse a crear un ideograma para esa doce sensación de tocar o ceo coas puntas dos dedos que ocurre cando baleiramos a nosa semente en solitario ou en parella. El mesmo recoñece que é máis a solución dun deseñador gráfico que dun debuxante, pero cumpre cos requisitos e mesmo podería quedar ben.
Así, este icono tipográfico illado e descontextualizado pode non transmitir ben esa sensación de clímax sexual, pero tentade colocalo imaxinariamente sobre algunha viñeta mental (un polvo entre Batman e Robin, por exemplo), e eu diría que é un deseño moi pop e xoguetón.
Pois xa temos un par de pallas mentais (e nunca mellor dito) de Roque e Hugo. Algún outro experimentador gráfico se anima a amosar os seus orgasmos en público ou considérao un chisco promiscuo?
Vita brevis, BD longa!

3 comentários:

Anónimo disse...

Mmmhhhh!!! Por un lado es claramente un orgasmo femenino...pero no entremos en detalles...(bujuju)...
Está de puta madre,enseriodeverdá, y, cómics a un lado, daría una camiseta morrocotonuda (casi más la versión con el filete del bocadillo (que frase tan alimenticia))...Si, si, nuestros cirios hemos tenido con el textil elemento, pero estaría mil veces mejor que los últimos partos patrios que rondan por ahí (al principio la cosa hera muy graciosa, pero con la proliferación han aparecido auténticos jorrores)...Lo dicho, mola un feixe y se parece remotamente a una solución que tenía en mente (puede que mandé alguna más...)...Enga, lo discutimos in person en unas horillas...

Anónimo disse...

Óscar, casi me gustaba más otro dibujo que te mandé, que sí tenía un bocadillo. ¿Lo recibiste? De todas formas, era prácticamente lo mismo. Gracias por tu celeridad, cuando te lo propones eres supersónico, chico!
Magog

urbanoscar disse...

Meu dito, meu feito. Cámbioche o orgasmo 1 polo orgasmo 2.