04/10/06

Exercicios: Palíndromo de Cosme


E como os camiños da serendipia son inescrutables, nada máis recibir a primeira resolución dun exercicio titorado acaba de chegarnos tamén a segunda. Pero neste caso é unha participación célere e veloz, pois non hai nin unha semana que presentamos o presente exercicio comunal (de feito aínda estamos pendurado exemplos de documentación) e aquí o irmán Cosme xa foi quen de pensar, debuxar e resolver este reto.
Aquí tendes unha BD palíndrómica cósmica (é dicir, de Cosme, ja ja... esquecédeo), cun nome rotundo: Vete a la mierda. Parolando co autor confesoume que non lle resultou un exercicio tan sinxelo como pensaba, que inicialmente tentou incluir máis diálogo pero que decatouse que non era quen de conseguir unha historia interesante que funcionase como palíndromo. Bravo pola sinceridade, mais non te preocupes: eu coido que esta BD está resolta perfectamente. As palabras xustas e unha estructura recurrente que non chirría para nada, pero sobre todo, o que me parece máis importante, é que se nota o estilo do artista en todo o exercicio. Ese ton entre costumista e semiautobiográfico, eses trazos soltos e enérxicos: Cosme conseguiu levar o exercicio ao seu terreno e facer unha historia das súas cumprindo coas reglas de xogo, sen deixarse levar pola experimentación pura e vacua para facer unha palla mental impostada.
Pois nada, irmán Cosme, catro puntos que suben ao teu cursus honorum e a posibilidade dun punto ecuménico a maiores que se concederá dentro dunhas once semanas. E parabéns polo premio. Vémonos a fin de semana no exercicio colectivo ourensano. E os demais: atrevédesvos a seguir o seu exemplo?
Vita brevis, BD longa!

1 comentário:

Anónimo disse...

Un clásico básico...Aún formando parte del propio ejercicio, me gusta como queda la repetición, atendiendo al estilo de dibujo...En otros ejemplos no quedaba tan vistoso...Ea!!!
Ánimos muchos