15/10/06

As Xornadas e o Lab·Ou#2 segundo Magog

Lendo o blog de Hugo Covelo (non son moito de seguir o día a día da blogosfera, pero cada dúas semanas ou así fago un repaso xeral) entérome de que xa pendurou na súa páxina de Flickr as fotos que sacou na súa fin de semana ourensana por mor das Xornadas de Banda Deseñada.
Ademais dos habituais retratos dos excesos etílicos e gastronómicos que sempre acontecen neste tipo de reunións culturais (todo o mundo sabe que os comiqueiros son artistas bohemios que cando se xuntan montan festa rachada aló onde van), hai varios testemuños gráficos sobre o segundo exercicio colectivo organizado polo Lab·Ou, de xeito que os que non puidestes vir poderedes facervos unha idea de como foi o invento (por exemplo, a través da imaxe deste post, vilmente roubada a Hugo).
Gracias, irmán Magog, por inmortalizares estes belos momentos para a posteridade. Se alguén máis ten a ber compartir as súas memorias fotográficos co resto da humanidade, que faga o favor de enviar un arquivo zip con elas ou un link a un sitio onde estean expostas.

2 comentários:

hugo disse...

Eh, eh, eh... En realidade subín unha escolma bastante benévola do total de fotos que tirei, teño outras mais decadentes que non subín para non dañar a imaxe deste evento, moi respectable a pesar de nós mesmos. Tamén é certo que puiden tirar mais dos obradoiros.
Ten que haber masi fotos, sei que Alberto Vázquez tirou algunha.
Hugo/Magog

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.