
30/09/06
Palíndromos: Jochen Gerner

29/09/06
Palíndromos: Moatthieu

Palíndromos: Matt Madden

28/09/06
Convalidacións de DiablitoBeer (1)








Exercicios do Lab·Ou (3): Palíndromo en BD
Despois de dous primeiros exercicios de estilo propostos pola coordinación deste obradoiro que foron un pouco de quecemento (si, vale, todos teñen a súa dificultade, pero no orgasmo só hai que facer unha viñeta e o das mimetizacións é máis de técnica que de romper os miolos matinando), e tras amosaren os labouristas o seu altísimo nivel formal nas convalidacións que nos están a mandar, imos titorar un novo reto algo máis complicado que os anteriores, á altura das vosas tremendas posibilidades, que vos vai obrigar a cavilar un ratiño: agora toca facer unha BD palindrómica (exercicio creativo 3.3.).Ex. de esquema: A > B > C > D > E > D > C > B > A.
27/09/06
Convalidacións de Ill'Rocco (2)


26/09/06
O Lab·Ou nas Xornadas de Ourense
Algo fomos dicindo por aí de forma non oficial, pero chegou xa o momento de facelo público. Durante a vindeira edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, a tarde do sábado 7 de outubro na Casa da Xuventude, o Laboratorio Galego de BD Experimental vai presentar ao público as súas actividades máis recentes e organizará un novo exercicio de estilo colectivo en directo, seguindo o satisfactorio exemplo do cadáver exquisito coruñés.Convalidacións de Ill'Rocco (1)



O irmán Ill'Rocco decidiu acollerse ao dereito de convalidación de BDs anteriores á creación do Lab·Ou (sobre o seu dereito de pernada aínda non se pronunciou) e enviounos un par de historias coa intención de ascender uns chanciños do seu cursus honorum. Esta que tedes aquí, Final feliz, apareceu orixinalmente no número 8 da revista Barsowia, publicada polo colectivo Polaqia. Ten a particularidade de ser un exercicio mixto (os nosos labouristas son tan bos que unha soa restrición parécelles pouco, como mínimo enfrontánse a un par delas) que combina unha BD muda (1.3.3. de restrición textual) cunha estructura fixa de 3x3 viñetas regulares (8.1. de deseño de páxina). O título non engana; pois si, ten un final feliz.
25/09/06
Convalidacións de Cosme (2)

24/09/06
Mimetizacións: 1963 de Alan Moore

23/09/06
Feliz equinoccio de outono!
Pois iso, que xa estamos oficialmente en outono! Feliz equinoccio para todos vós! Hoxe é un día máxico en diversas culturas: na antiga Grecia celebraban os seus misterios eleusinos, unha serie de rituais secretos e simbólicos que atraían a milleiros de iniciados e pelegríns; nos países celtas o cambio estacional simbolizaba a fin da cacería de Lugh, que se representaba mediante a sega das derradeiras meses de millo; e os wiccanos aproveitan este día para dar grazas por todo o recibido durante o ano, vestindo de laranxa e bebendo cervexa e sidra.22/09/06
Convalidacións de Cosme (1)








21/09/06
Convalidacións de Magog (2)


Temos a sorte de que segunda BD que nos enviou o irmán Magog para convalidar no seu cursus honorum coincida tan ben co presente exercicio e leit-motiv deste blog. Antes de que remate a semana (que xa vai para quincena) das mimetizacións, Hugo aporta o seu gran de area á causa con esta historia aparecida no n.º 5 de BD Banda, aínda que o que estamos a ver é a versión mellorada para a escolma especial en castelán desa mesma revista. O guión, por certo, é de Kike Benlloch. Unha impresionante imitación do estilo do Akira Toriyama de Dr. Slump (e pode que do comezo de Dragon Ball), non só de debuxo senón tamén narrativo: eses fondos subxectivos; esa reiteración gráfica de 6 viñetas case sen apenas diferencias indica que Covelo lle pillou o truco ao tempo do xaponés. Parabéns, Magog.
Longa vida ao irmán Cosme
Hoxe non vos imos marear moito antes da presentación dun novo achegado; estes speechs corren o risco de convertérense en clichés como as despedidas para publicidade de Antonio Gassett-Dubois en Días de cine. Os Donos das Chaves só quereriamos darvos as grazas a todos os labouristas que andades espallados polos diversos recunchos de Galiza e o estranxeiro. Pouco a pouco comezamos a recibir máis solicitudes de ingreso e máis convalidacións. A lista de correo e os comments do blog reciben cada vez máis mensaxes. E nós paulatinamente podemos adoptar o rol de meros intermediarios que pretendiamos ser nun principio para deixarvos todo o protagonismo a vós. Isto vai funcionando caralludamente, mozos, e non sería posíbel sen vós.20/09/06
Convalidacións de Magog (1)



A primeira delas, que podemos chamar Ollando ás rapazas para abreviar, foi publicada orixinalmente hai máis dun lustro no n.º 7 do Fanzine das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, polo que podemos dicir que xa dende noviño Magog tiña madeira de experimentador.
Consideramos que esta BD é un exercicio mixto que mestura dous tipos de restricións: por unha banda unha restrición narrativa de enfoque, xa que a historia está contada cun punto de vista subxectivo e limitado (cámar fixa nun único punto espacial) e, exceptuando un pequeno zoom ao comezo da 3ª páxina que podemos pasar por alto, cun único tipo de plano; e tamén unha restrición icónica, xa que en ningún momento amosa ao protagonista, só o seu nariz ou as súas mans (sendo consecuente co plantexamento subxectivo). Certamente ten mérito.
Orgasmo machista
A min persoalmente o chiste da ilustración non me fai ningunha graza, pero é que era un raro exemplo de iconografía orgásmica que puiden atopar no Google Imaxes, cunha sinxela mais efectiva aureola de luz (acentuada por unhas gotiñas de suor) rodeando a cara da sufrida protagonista, e por iso non quixen desaproveitar a oportunidade de penduralo como inspiración para o noso exercicio metafórico-visual. Espero que ningunha lectora ou lector se sinta ofendido por telo subido e que isto dexenere nunha guerra de sexos. A ver, para equilibrar: que teñen en común os aniversarios de voda, os retretes e o punto G?. Que os homes son incapaces de atinar con ningún deles. En paz xa?19/09/06
Mimetizacións: máis Tintíns

Hai cousas que é mellor nin sequera imaxinalas nin como parodias, e un crossover Tintín vs. Batman é unha delas. "Santa 1ª enmenda, Batman! Como chegou este intrépido xornalista belga ata a Baticova?" Coñecendo todos os rumores sobre as sospeitosas relacións Batman-Robin e Tintín-Haddock, case que a hipotética BD non sería nin de superherois nin de aventura: a min teríame toda a pinta dun cómic porno gai con gang-bang orxiástico incluido. E con Milú polo medio, desalmados... (Se incluísen a Hernández e Fernández... habería incesto?). En fin, cambiemos de tema.
Longa vida ao irmán Ill'Rocco
Cada vez que un novo aprendiz chama á nosa porta implorándonos que lle permitamos acceder a este exclusivo sancta sanctorum de sabedorías pictográficas, para nós, os Donos das Chaves, é un motivo duplo de ledicia. Por unha banda, por termos carne fresca que sabo... digooo, por recibir a artistas afoutos desexosos de experimentar na BD. E pola outra, porque nos dan chance a escribir un post de benvida no que podemos informar do bo ritmo co que se desenvolve o Laboratorio. Seguindo a vontade de Heráclito (sempre máis interesante có rancio de Parménides), o acontecer do Lab·Ou é un fluxo permanente; isto móvese, avanza cara algures, e de aquí a pouco poderemos amosar indubidabelmente que ningún debuxante terá que bañarse dúas veces no mesmo río, a menos que a auga estea fresquiña e lle apeteza. Mais deixemos a filosofía presocrática e pasemos aos saúdos.18/09/06
Mimetizacións: homenaxe a Calvin & Hobbes
17/09/06
Mimetizacións: tributo a Schulz












