Aquí tedes outra posibilidade de ideograma orgásmico sacada de internet: un mandala nímbico. Tomado directamente da tradición icónica hinduista, non me parece unha mala idea: se comezas a facer sexo tántrico e a túa enerxía empeza a desprazarse por todo o teu corpo activando todos e cada un dos teus sete chakras ata espertar o teu terceiro ollo, o normal debe ser que cando o abras flipes en colorines harmonicamente incrustados nunha estructura circular.
Se vos interesou o tema e queredes seguir investigando sobre mandalas de cara a usalos nas vosas BDs, tedes máis información na Wikipedia, nunha páxina que vos permite descargar modelos xa xenerados, noutra na que penduran mandalas amateurs, nesta que é un chisco máis profesional, etc. Jo, que new age quedou este post.
Sem comentários:
Enviar um comentário