Buscando documentación para o 1º exercicio iconográfico do Lab·Ou, unha rápida procura no ciberespazo, tecleando "orgasmo" en varios idiomas no Google Imaxes, amosa dúas cousas:
1) Que hai moita xente enferma por estes cibermundos adiante que sube todo tipo de cousas a internet que se te collen desprecavido aínda che poden dar un bo susto.
2) Que hai varios debuxos, máis dos que eu pensaba, que amosan a representación física do clímax sexual, cun contido pornográfico maior ou menor dependendo dos casos, pero case ningún que reflicta o componente psicolóxico ou sensorial desa experiencia. Unha das poucas excepcións interesantes é a ilustración contigua da (para min descoñecida) artista Mirka Morales, da que podedes ver máis debuxos naïf na súa web. Un peazo orgasmo sideral que lle fai ver estrelas, constelacións e mesmo unha cabeza de paiaso flotando. Eehr... curioso.
1 comentário:
hola, yo soy mirka, la artista que hizo este dibujo. tu artículo está muy interesante. no hablo portugués, pero si hablo español.
Enviar um comentário