A primeira delas, que podemos chamar Ollando ás rapazas para abreviar, foi publicada orixinalmente hai máis dun lustro no n.º 7 do Fanzine das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, polo que podemos dicir que xa dende noviño Magog tiña madeira de experimentador.
Consideramos que esta BD é un exercicio mixto que mestura dous tipos de restricións: por unha banda unha restrición narrativa de enfoque, xa que a historia está contada cun punto de vista subxectivo e limitado (cámar fixa nun único punto espacial) e, exceptuando un pequeno zoom ao comezo da 3ª páxina que podemos pasar por alto, cun único tipo de plano; e tamén unha restrición icónica, xa que en ningún momento amosa ao protagonista, só o seu nariz ou as súas mans (sendo consecuente co plantexamento subxectivo). Certamente ten mérito.
7 comentários:
Okis, este non o lera, e está moi ben...Esse Huggog
Es muy viejo, muy viejo, Rocco. Me da cosa verlo y todo.
Buahuahuahua...Pues vas a ver cuando empiece a mandar mis ejercicios viejos (Alguno de hace más dediez años)...Vais a decir que le echo más cara que espalda...Atodoeinsto, tienen que ser cromis completos? No valen páginas sueltas?
Un saludo, mes amis
Poden ser páxinas soltas, sempre que apareza algún exercicio de estilo catalogado no Grimorio. Se dunha BD só é unha páxina a experimental, pode enviarse ela soa(aínda que a leremos decontextualizada da historia principal).
Manda antiguallas, Roke, que no es echarle cara, es... convalidar!! Está en las normas del LabOu. Por cierto, Óscar, puedo usar un cómic viejo para convalidar también el ejercicio orgásmico? Acabo de hacer memoria y algo tengo...
Por suposto: calquera aportación será benvida. E se mandas a vella e unha nova, terás puntuación doble :-)
Enviar um comentário