17/09/06

Mimetizacións: tributo a Schulz


A decisión de Schulz de abandoar a súa tira diaria Peanuts (aquí coñecida polo nome dos seus protagonistas, Charlie Brown ou Snoopy) tras 50 anos de publicación ininterrompida por mor dun cancro do que finaría aos poucos meses fixo que grande parte da escea indie americana lle rendese homenaxe nun caderno especial de 20 páxinas incluido dentro do tomo Top Shelf asks the big questions. A maioría destes tributos consistían en reinterpretacións gráficas dos personaxes míticos da tira, ou alomenos mimetizacións do estilo do autor. Escollemos algúns deles para penduralos aquí, coma o primeiro, obra de Tony Consiglio.

Esta elexía que revisita os principais leit-motivs da tira foi debuxada por Ivan Brunetti, de quen xa falamos nun post anterior deste blog.

Unha mestura de estilos por parte de Eric Reynolds.

A David Lasky deulle por pechar todas as tramas que quedaban inconclusas neste precioso epílogo que ben podería ser a despedida oficial da serie.

E por último catro paisaxes mudas ben coñecidas polos seguidores de Peanuts, feitas por Seth para a ocasión. Un elegante e sensíbel tributo, despois de todo.

4 comentários:

Miguel Porto disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Miguel Porto disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Miguel Porto disse...

Falta un homenaxe analítico feito por Spiegelman nun SPX (un con portada de Clowes), aínda que fixo co motivo da morte de Schulz, e no que tamen hai mimetización.

urbanoscar disse...

Si, coñezo ese ao que te refires, pero agora mesmo non sei se terei o libro para escanealo... Tamén hai unha homenaxe de Chris Ware que quedou pendente, e unhas cantas que vin por internet... Decididamente, haberá que facer outro post de tributos a Schulz..