06/09/06

Exercicio de ingreso de Seijas+

Estas dúas páxinas constitúen o exercicio de ingreso que nos enviou o irmán Seijas+ para ser admitido nesta loxia pseudosecreta de investigacións parapatafísicas. Son, nas súas propias verbas, "un mini capítulo conclusivo da BD gañadora do Castelao". Así que tede en conta que estades a ollar en primicia o que dentro de pouco chegará ás vosas librarías.

A favor da obra de Seijas hai que dicir que é un experimento mixto que mestura a restrición textual total que impón unha BD muda cun deseño de páxina que distribúe as viñetas en montaxe alterna (citando diretamente do noso Grimorio, "BD na que cada viñeta alterna narra unha secuencia argumental diferente [ex: as viñetas impares refírense ao presente e as pares ao pasado]"), polo que leva unha doble puntuación. Ademais, vaia preciosidade de vermello que emprega aquí o amigo.

7 comentários:

Embaixada Prusiana disse...

pasei un bo rato lendo o orixinal? na expo no cgai e gustoume moito a verdade. cambiando de tema alguén por aquí podería facer unha breve crónica do viñetas desde o atlántico para o noso fanzine? queríamos dar cobertura ao evento de mans dos propios implicados... se alguén se anima! embaixadaprusiana@yahoo.es

upps! sorry

urbanoscar disse...

Síntoo, pero aos coordinadores do Laboratorio vainos ser imposible botarvos unha man: entre os nosos traballos "de verdá" (eses que nos dan de comer quente), a organización das vindeiras Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (agora prontiño, en outubro) e o mantemento diario do blog, non temos tempo material para máis nada. Outra vez será.

Quizais algún labourista ou algún habitual do blog vos poida axudar...

ANTONIO SEIJAS disse...

Embaixada Prusiana, moitas grazass por tomarte a molestia de botarlle un ollo á BD, alédame saber que che gustou.
Grazas ;¬)

Embaixada Prusiana disse...

oh! que mágoa!! é duro ter que currar para comer e tamén para facer ó que a un lle gusta (propia experiencia) por certo... non lle votei un ollo ao comic O LIN ENTEIRIÑO!! enganchoume!