Matt Madden é un autor omniprescente no eido da BD esperimental (e un dos inspiradores deste Laboratorio). Dentro do seu imprescindíbel libro Exercises in style (que algún día verá a luz por aquí publicado por Sins Entido), no que versionea unha páxina inicial someténdoa a diversas variacións de estilo, o das mimetizacións é un dos exercicios máis empregados, e con mellores resultados. Nesta primeira páxina, podedes ver como Madden sabe copiar tódolos clichés dos cómics de terror da EC (tipo O gardián da cripta) e mesmo o estilo dalgún dos debuxantes da mítica editora coma Wally Wood.
Nesta outra páxina, rende tributo aos autores da escola da liña clara, sendo Hergé (o pai de Tintín) unha das influencias máis notábeis.
Aquí esta á imitar a serie Little Nemo de Winsor McCay, co mítico final do protagonista espertando ao caer do leito incluido.
E outra homenaxe aos grandes clásicos: neste caso, unha mimetización exacta do universo Krazy Kat de Herriman.
E por último, unha imitación do estilo superheroico sci-fi do Jack Kirby dos 60. Seguide o exemplo de Matt versionando as vosas propias páxinas e mandádenos os resultados. Xa veredes coma algo aprendedes de todo iso.
Sem comentários:
Enviar um comentário