13/09/06

Mimetizacións: La parejita de Manel Fontdevila


Manel Fontdevila é un dos autores españois máis coñecidos grazas ao seu traballo en El Jueves. Pero é que a súa serie La parejita, ademais de ser igual de graciosa semana tras semana, permítelle experimentar de cando en cando coa forma e co fondo. Esporadicamente gústalle debuxar páxinas que rindan tributo a creadores capitais da banda deseñada, calcando o seu estilo de debuxo e a súa maneira de narrar, e consegue que o efecto cómico dos chistes gráficos véxase multiplicado polo xogo metalingüístico. Aquí están algunhas das súas mimetizacións logradas, coma a primeria, que imita o estilo oriental dos mangas.

Aquí homenaxea á mítica escola Bruguera.

Esta outra páxina parodia os clixés das películas animadas de Walt Disney.

Aquí rende tributo ao grandísimo Schulz, pai de Snoopy e Charlie Brown.

E esta é a súa particular versión do estilo Ivá, un dos autores fundamentais de El Jueves.

Por último, unha das súas mimetizacións máis recentes, na que se lembra da Mafalda de Quino. Sinto a pésima calidade dos escaneados, pero é que aínda non lle collín o truco ao aparello, foron feitos ás présas e non quería cargarme os libros durante o proceso. Supoño que para que vos fagades unha idea de en qué consiste o 2º exercicio proposto polo Lab·Ou servirán. E por suporto, para rendirlle a Manel a pleitesía que merece polo seu talento.

4 comentários:

Anónimo disse...

menudo crack...

yonosoyyo

hugo disse...

Este tío es muy grande, incluso físicamente. Cuánta felicidad me han dado sus páginas dior mío!

urbanoscar disse...

Pois se non hai cambios ou sorpresas de última hora, virá polas Xornadas de Ourense, así que se non o coñecedes en persoa eu recomendaríavos que viñesedes.

covelow disse...

Vou disfrutar con este exercicio, jejejejeje