11/09/06

This is information: unha lectura para o 11-S








Hoxe pendurei a historia completa This is information, escrita por Alan Moore e debuxada por Melinda Gebbie (a mesma parella artística do porno avant-garde Lost girls, que oxalá publiquen aquí pronto), por dous motivos. Un é polo seu indudábel valor investigador, amosando o sinxelo que é incluir solucións experimentais en BDs con contido sen caer nos exercicios de estilo baleiros. Estructura fixa de 3x3 viñetas, iteración icónica, transicións momento-a-momento e interesantes metáforas visuais empregadas ao servizo da narración. O segundo motivo é que coido que é unha lectura interesante para un día coma hoxe, quinto aniversario do atentado do 11-S. De feito, a historia fora inicialmente incluida nunha das antoloxías de cómics feitas para recaudar fondos para as vítimas. Non é moi profunda (en 6 páxinas tampouco hai espazo para selo) pero apunta cousas interesantes que seméllanme axeitadas para o destinatario inicial (lectores americanos anoxados polo acontecido). Non é o habitual, mais se queredes abrir un off-topic sobre política nos comments, podedes facelo.

Sem comentários: