20/09/06

Orgasmo machista

A min persoalmente o chiste da ilustración non me fai ningunha graza, pero é que era un raro exemplo de iconografía orgásmica que puiden atopar no Google Imaxes, cunha sinxela mais efectiva aureola de luz (acentuada por unhas gotiñas de suor) rodeando a cara da sufrida protagonista, e por iso non quixen desaproveitar a oportunidade de penduralo como inspiración para o noso exercicio metafórico-visual. Espero que ningunha lectora ou lector se sinta ofendido por telo subido e que isto dexenere nunha guerra de sexos. A ver, para equilibrar: que teñen en común os aniversarios de voda, os retretes e o punto G?. Que os homes son incapaces de atinar con ningún deles. En paz xa?

2 comentários:

Anónimo disse...

A verdade é que un pouco de rabia sí que da a viñetiña, aparte de que non ten puta gracia.
Por outra banda, vale como representación orgásmica? Pensei que había que ser máis metafórico, irse un pouco pola tanxente, e esta viñeta éche moi literal.

urbanoscar disse...

Home, o rollo é dar cun ideograma novo, e para iso canto máis icónico sexa un mellor. Eu vos recomendaría que si, que tirasedes polas metáforas, pero se preferides conformarvos cunha aureola de luz (mal que pese, un icono)tamén serve.

E case que non atopei ningún exemplo máis para ensinarvos. Sempre podo poñervos diversas exaculacións, corridas e chorros de esperma al vent sen contido emocional para amosarvos o que non cumpriría os requisitos, pero como que non é moi agradable e mellor que pasar.