15/09/06

Mimetizacións galegas: o caso Manuel Pardo


Non hai que ir ata moi lonxe para atopar experimentos de mimetización: aquí mesmo, en Galiza, publicouse xa alomenos un. No n.º 6 da revista BD Banda apareceu unha curiosa historia asinada por un descoñecido Manuel Pardo na que se dedicaba a [copiar?, homenaxear?] a varios coñecidos autores. Ao comezo éu cría que se trataría dunha boutade artística, un pseudónimo dalgún vello coñecido con ganas de bromear; pero tras presentárenme en persoa no penúltimo Viñetas ao tal Pardo quedoume claro que mellor non darlle moitas voltas ao asunto. Esta é a súa particular imitación do Miguelanxo Prado de Quotidianía delirante.

Aquí, a súa versión do Zits de Jerry Scott e Jim Borgman.

Sónavos dalgo esta imaxe? Unha curiosa adaptación da portada do diario de Lewis Trondheim publicado por Astiberri.

E, como non, unha homenaxe a Calvin & Hobbes, ese clásico moderno da 9º arte. Salvo esa historia iniciática, non teño visto máis traballos do Manuel Pardo. Quizais, nun hipotético BD Banda n.º 7?

3 comentários:

hugo disse...

Qué me estás dicindo? Que non era K.d.S (en iniciais, como nas exclusivas do "Aquí hay Tomate")? Para facer isto hai que ter técnica e experiencia como o devandito K.d.S. (non me tiredes da lingua, petardos!!)Extráñame non saber nada do Pardo ese anteriormente, mumble mumble.

urbanoscar disse...

É unha longa historia... Xa cho explicarei todo nun correo privado...

Anónimo disse...

a mi también me dejó asombrado cuando lo leí en su momento.

tampoco conozco, o eso creo, a ese chico de nada, pero fue un flipe.

yonosoyyo