12/09/06

Exercicios do Lab·Ou (2): Mimetizacións

Continuando co programa de exercicios de estilo titorados pola coordinación do Laboratorio, esta semana propoñémosvos un reto transformativo: a reinterpretación gráfica dalgunha das vosas BDs mimetizando un estilo alleo.

Citando directamente do Grimorio en que consisten as reinterpretacións gráficas: "Recreación do estilo de debuxo dun autor consagrado ou reinterpretación dalgunha das súas obras máis transcendentais, con diversas intencións: parodia, homenaxe, pastiche, experimentación, aprendizaxe, etc.".
Dentro desta tipoloxía, ímonos concentrar no exercicio 6.1., o de mimetización: "Procedemento no que se copian o estilo gráfico, a narrativa secuencial, os trazos máis característicos dun autor consagrado para a realización dunha BD completamente nova e persoal, dunha ou varias páxinas. Un tipo especial de mimetización é o pastiche, no cal o que se copian son os personaxes doutro autor para contar con eles unha historia nova e diferente, tentando respectar o espírito da BD orixinal." Isto pódese observar na ilustración que acompaña este post: Bruce Timm mimetizando o estilo de Jack Kirby.

Os labouristas que queiran participar neste desafío deberán redebuxar unha páxina de BD propia anterior (sería preferible que fose unha BD dunha páxina, pero non pasa nada por usar unha páxina dunha historia maior) mimetizando ou imitando o estilo de debuxo e de narración dalgún dos seguintes autores: o Frank Miller de Sin City, o Hergé de Tintín, o Schulz de Snoopy, o Osamu Tezuka de Astroboy ou o Jack Kirby dos 4 Fantásticos.

Cada participante deberá enviarnos por correo electrónico escaneados da páxina orixinal e da súa reinterpretación gráfica, e os resultados os iremos amosando neste blog segundo os vaiamos recibindo. Recibirá un punto para o seu cursus honorum por cada nova versión que faga imitando un estilo (puidendo chegar ata 5 se mimetiza a tódolos artistas propostos). Se alguén quere facer unha mimetización do estilo dun debuxante que non estea na lista inicial, pode mandarnos a súa suxerencia aos coordinadores, que decidiremos se a súa proposta ten interese experimental ou non. O prazo de entrega para poder optar ao punto ecuménico é dun trimestre.

O propósito deste exercicio é que os debuxantes (re)descubran técnicas alleas de artistas que se cadra non lles influenciaron directamente. Por iso é preciso traballar a partir de creadores moi característicos e identificables, cuxos estilos estean moi marcados. Recoméndase evitar a parodia do orixinal e buscar a homenaxe sinceira, e non quedarse cos trazos superficiais de debuxo e chegar ata a reinterpretación narrativa (pensade 'como tería contado graficamente X a miña historia?').

Lembrade que podedes empregar a nosa lista de correo para todo tipo de preguntas ou discusións sobre este exercicio, e que os filoexperimentadores aínda non afiliados podedes empregalo coma exercicio de ingreso. Nos vindeiros días tentaremos pendurar máis exemplos de mimetización doutros debuxantes, e calquera pode contribuir neste labor envíandoos imaxes que coñeza que cumpran con estas características.

Vita brevis, BD longa!

Actualización: a imaxe inicial que ilustraba este post tivo que ser retirada tras un comment do irmán Diablito que indicaba que non reunía os requisitos dunha mimetización. Subtituímola polo exemplo que el mesmo apuntaba. Grazas pola súa colaboración e desculpas polo erro orixinal.

5 comentários:

Anónimo disse...

cuidadín! en el ejemplo que ilustra el post, alex ross NO mimetiza para nada a kirby: el lápiz de la ilustración ES de kirby, alex ross lo que ha hecho es pintar por encima del lápiz del rey, un trabajo de colorista, muy currado, pero para nada es mimetización.

mimetización es , por ejemplo, lo que ha hecho bruce timm en "avengers 1/2" con el estilo de kirby, o los pasajes de las "incursiones en la mente" del protagonista de "mentat" que hacía javier pulido, por poner solo dos ejemplos.

d.

hugo disse...

Qué me narras? Pinturas de Álex Ross sobre lápices de Kirby? No será una mimetización, pero sigue siendo una movida del quince. Tiene mucha guasa la cosa. Necesito ver una ampliación ya!
hugo

Anónimo disse...

Tiene razón David, lo vi en un libro sobre Alex Ross que me prestaron. Buena observación, yo no me acordaba.
Pena que no se pueda parodiar, se me había ocurrido una historia de Tintin y Haddock saliendo de putas que me staba doblando sólo de pensarlo.
De todos modos el ejercicio me mola.
Diabolus in Banda.
In Banda Veritas.

urbanoscar disse...

Pido desculpas polo erro de atribución; relamente pensaba que o debuxo era de Ross imitando a Kirby, e non só a cor. Tentarei buscar outra ilustración para remplazala.

Anónimo disse...

A ello me pondré