19/09/06

Mimetizacións: máis Tintíns


Hai cousas que é mellor nin sequera imaxinalas nin como parodias, e un crossover Tintín vs. Batman é unha delas. "Santa 1ª enmenda, Batman! Como chegou este intrépido xornalista belga ata a Baticova?" Coñecendo todos os rumores sobre as sospeitosas relacións Batman-Robin e Tintín-Haddock, case que a hipotética BD non sería nin de superherois nin de aventura: a min teríame toda a pinta dun cómic porno gai con gang-bang orxiástico incluido. E con Milú polo medio, desalmados... (Se incluísen a Hernández e Fernández... habería incesto?). En fin, cambiemos de tema.

Seguindo con este museo dos horrores, podedes imaxinar un Tintín máis inesperado que un feito por Enki Bilal? Pois haino.

Un Tintín de Charles Burns, perfectamente mimetizado e perdido no persoal e enfermo universo deste autor. Raios, onde está o Capitán cando o precisas para loitar contra unha lexión de clons mutantes? Caería nalgún buraco negro?

3 comentários:

Anónimo disse...

Pues conste que tanto el de Bilal como el de Burns picarían mi curiosidad (Más el del segundo)...Y, bueno, sobre el primero, no puedo dejar de imaginar una versión bastarda del LOST GIRLS de nuestro shamán barbudo favorito...(No gusto de los dibujos de su esposa, pero habrá que echarle un vistazo)...Buen día a todos...

Anónimo disse...

E non estaremos confundindo as mimetizacións (coller o estilo doutro autor para contar unha historia propia) coas homenaxes (debuxar co estilo propio un personaxe alleo)? Só pregunto.

urbanoscar disse...

Non, son dúas cousas semellantes pero distintas, o que pasa é que ambas estarían englobadas dentro da mesma categoría da reinterpretación gráfica.

En tódolos exemplos subidos ao blog pódese apreciar que os artistas renuncian ao seu estilo habitual de debuxo e tentan imitar o dunha terceira persoa, (neste caso, Burns e Bilal imitan a Hergé e non debuxan coma farían habitualmente), polo que serán homenaxes pero tamén ao mesmo tempo mimetizacións. Atopei moitos homenaxes nos que non había mimetización, e xa non os pendurei no blog (p. ex., o caderno de tributo a Schulz tiña 20 páxinas, e eu escollín as catro que cría cumprían cos requisitos dunha mimetización).

É difícil atopar exemplos de mimetizacións puras (que repitan estilos pero non personaxes) por internet para ilustrar estes posts, namentres que homenaxes e tributos aparecen con máis facilidade. Se vos estou a confundir e así o queredes prescindo de postear imaxes que non sexan mimetizacións puras, mais salvo os últimos posts de Schulz e Tintín, creo que todas cumprían a definición do manual.

Ademais, creo que no enunciado do exercicio do Lab·Ou quedaba claro o que se lles pedía aos participantes: que reinterpretasen unha BD feita anteriormente por eles mesmos mimetizando o estilo de debuxo de cinco autores propostos, tal como se ve no exemplo de Matt Madden e se intúe no de Fontdevila. Supoño que a todo o mundo entendería que mimetizar a liña clara de Hergé non significa meter a Tintín nunha historia debuxando como o fas normalmente.

Se alguén ten algunha dúbida ou difire co meu concepto de mimetización, podemos discutilo colectivamente e concretar ou acordar un diferente.