16/09/06

Mimetizacións: Parodias de Hergé








Documentándome en internet (xa non me lembro como era a vida antes de exisitir a rede) atopei uns pósters feitos por un artista holandés que mimetiza o estilo de Hergé e parodia algunhas das capas máis célebres dos álbums de Tintín, facendo ao mesmo tempo crítica política. Eu de neerlandés nin papa, pero polo debuxo queda bastante claro que o autor está satirizando asuntos coma a guerra do Golfo, os bombardeos sobre o Líbano, a caza deportiva, a carreira de Johann Cruyff ou o affaire Kennedy-Marilyn. A imitación do estilo liña clara está bastante lograda, e aínda que non son propiamente BDs, serven coma exemplo de en que consisten as mimetizacións.

2 comentários:

Anónimo disse...

As imitacións de hergé, sobre todo dende que existe internet con capacidade para mover arquivos grandes de imaxen, sempre foron bastante populares.

Hai uns anos existia unha web bastante popular que aglutinaba a imitadores de todo o mundo. Alí había de todo, dende imitacións perfectas, ata parodias moi pasadas de rosca. E en tódolos formatos, dende historias de unha páxina ata algún que outro album completo.

Lastima que tivesen problemas cos herdeiros de Herge e que a fechasen. Pero como supoño que comprobarías non resulta difícil atopar esas obras apocrifas.

Un saúdo,
Diego

urbanoscar disse...

Tes razón; buscando mimetizacións ou homenaxes ou parodias, as máis sinxelas de atopar son as de Tintín.

Un saúdo, Diego.